ORDE DO 17 DE NOVEMBRO DE2020 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS AFECTADAS POLA CRISE DA COVID19 FINANCIADO CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA 2014-2020 E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2020 (TR400A)
Persoas beneficiarias
Programa de apoio a persoas autónomas dadas de alta no RETA ou Réxime do Mar, incluídas as persoas autónomas societarias.
Requisitos
As persoas traballadoras autónomas beneficiarias serán aquelas que estean a percibir a prestación extraordinaria ou ordinaria polas actividades establecidas no anexo do Real Decreto-lei 30/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do Emprego, aquelas que se atopen incluídas nalgún dos CNAES que marca a orde e aquelas que pertenzan ao lecer nocturno.
Características da axuda
• Apoio 1.200 €/ autónomo que se atopen en situación de cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Decreto antes mencionado.
• Apoio de 2.000€ para as persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizadas:
o En todo caso o lecer nocturno (Discotecas, salas de festas…)
o Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nos que non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAES: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789,5610, 5630,5629 e 9200
o Negocios encadrados nos seguintes CNAE:
▪ CNAE 4932. Transporte por taxi.
▪ CNAE 5010. Transporte marítimo de pasaxeiros.
▪ CNAE 5030. Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.
▪ CNAE 5621. Provisión de comidas preparadas para eventos.
▪ CNAE 5914. Actividades de exhibición cinematográfica.
▪ CNAE 7911. Actividades das axencias de viaxes.
▪ CNAE 7912. Actividades dos operadores turísticos.
▪ CNAE 7990. Outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos eles.
▪ CNAE 8230. Organización de convencións e feiras de mostras.

Este programa de rescate está financiado con 30.000.000€ de FSE dentro dos cales 2.000.000€ están reservados para as persoas autónomas que se atopan cunha actividade especialmente paralizada.
A concesión da axuda realizarse pola comprobación da concorrencia na persoa solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.
O prazo de presentación remata o 31 de decembro de 2020.
As solicitudes deben realizarse na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Compromiso das persoas autónomas beneficiarias
• Manter a actividade económica de alta durante 2 meses dende a publicación da orden de axudas.

Infórmese sobre el nuevo RGPD Más Información
Hello. Add your message here.
Hello. Add your message here.